Ocio y cultura

O neonato `Lumeada Trasmiras´ reunirá 180 músicos da comarca da Limia

O festival será o 25 de maio ás 18:30 no pavillón, no que se conmemorará ao gaiteiro de Soutelo Delfín García

Hoy por Hoy A Limia entrevista a David Villarino, impulsor do festival Lumeada Trasmiras 2024

Hoy por Hoy A Limia entrevista a David Villarino, impulsor do festival Lumeada Trasmiras 2024

06:22

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716543188173/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Limia presenciará o sábado 25 de maio o nacemento dun novo festival, o Lumeada Trasmiras 2024. Un evento que comezará ás seis e media da tarde no pavillón de Trasmiras.

A previsión é que pasen por esta festa 180 músicos da comarca da Limia a través de 12 agrupacións, que van dende algunhas de recente creación como Tarde Piache e outras máis veteranas como Gaiteiros de Laroá.

David Villarino, mestre da escola de música do municipio e impulsor do festival, pasaba esta mañá polos micrófonos de Radio Limia para subliñar a importancia de poñer en valor o traballo das distintas agrupacións da comarca. Ademais, sinalaba que será un acto en memoria do gaiteiro Delfín García, “O Rato”, falecido recentemente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00