Deportes

Por que lle gusta aos pilotos a Subida a Vilar de Barrio?

Analizamos con Celso Cerredelo, do comité organizador, o percorrido da proba

Analizamos con Celso Cerredelo, do comité organizador, o percorrido da Subida a Vilar de Barrio

Analizamos con Celso Cerredelo, do comité organizador, o percorrido da Subida a Vilar de Barrio

03:39

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716537516955/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Conta atrás para a Subida a Vilar de Barrio, que terá lugar o 25 e 26 de maio. Trátase dunha proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia. Non obstante, explica Celso Cerredelo dende o comité organizador, “hai outro nivel que sería o Campionato de España, pero o presupuesto é altísimo”.

Unha proba especial pola súa beleza e que “reflexa a tendencia actual do Campionato de Europa, máxima categoría que hai nas probas de montaña, porque é un trazado longo, ancho, bo asfalto, rápido e técnico, gústalle moito aos pilotos”, explica Cerredelo.

Este ano, como novidade, inaugurarase o Trofeo Memorial Alfonso Cid, finado hai uns meses, para o primeiro piloto ourensán clasificado. Outra homenaxe, figura no cartel “o coche do cartel é o do noso amigo Jorge Pérez, o que quixemos homenaxear en conxunto co seu irmán Gilillo, desgraciadamente falecido un día despois da nosa subida do ano pasado”.

O venres 24 haberá verificacións técnicas relativas á seguridade e para comprobar que se respecta a normativa, o resto de participantes chegará o sábado pola mañá. Ás dúas da tarde será a presentación dos pilotos na Estación de Borrán e haberá tres mangas o sábado e tres o domingo.

Sigue el canal de Carrusel en WhatsApp
¡Bienvenido al canal de Whatsapp de Carrusel! Toda la emoción del deporte, EN DIRECTO. Dirige Dani Garrido

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00