Sociedad

Todo preparado para a 56ª edición da Festa da Troita de Ponte Caldelas

Sábado e domingo a Alameda de Ponte Caldelas encherase de música, gastronomía e cultura con motivo da festa declarada de Interese Turístico

Ponte Caldelas completa esta noite en Regodobargo cinco semanas de Festa de Troita polas aldeas e prepárase para unha intensa fin de semana na Alameda de Ponte Caldelas. Un ano máis, Praza de España e a Alameda de Ponte Caldelas contan unha especial iluminación que se acendeu con motivo da Festa da Troita e que se manterá durante todo o verán, ata o mes de setembro.

A Alameda de Ponte Caldelas converterase esta fin de semana nunha gran festa coa troita como protagonista. Haberá posibilidade de degustar troitas fritidas e en escabeche durante o sábado e o domingo.

O sábado o stand abrirá a partir das 19.00 horas e o domingo farao en horario de 12.00 a 14.30 e de 19.00 a 21.00 horas. Os prezos continúan sendo populares e a ración de troitas, con pan e un vaso de viño ou botella de auga ten un custe de 3,50 euros.

As actividades comezan o sábado ás 8.30 horas, cando se inicia o concurso internacional de Pesca Deportiva na súa categoría Sénior e Veteranos. O concurso está organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas.

A partir das 17.30 horas comezan as exhibición de baile de grupos locais, nas que participarán o grupo de baile rexional “Escola de Bailes Tradicionais Trouleada de Ponte Caldelas”, o grupo de baile infantil da Banda de Gaitas Os Coribantes de Buchabade e o grupo de bailes de salón ‘Ponte Caldelas Baila’.

Ás 19:00 horas comeza o Certame de Corais na Igrexa do Sagrado Corazón, no que participarán a Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas, o Coro Vales Mahía de Silleda e a Coral Voces Amigas de Moraña. Ás 20.00 horas comeza o Festival Troita Folk, que contará coas actuacións do grupo de baile da Banda de Gaitas Os Coribantes de Ponte Caldelas e o grupo de baile A.C. Xiada da Pobra do Caramiñal. A partir das 23:00 horas comezará a verbena coa orquestra La Oca Band e Tic Tac.

O domingo o concurso de pesca comeza ás 9.00 horas na categoría Feminina, Xuvenís e Infantís. Ás 12.00 horas comeza o pasarrúas coa Banda de Música Artística de Arcade, hora á que tamén abre o Stand de Degustación de Troitas. Ás 13.00 horas terá lugar a entrega de trofeos do Campionato de Pesca na Alameda de Ponte Caldelas e rematará o acto co concerto da citada Banda de Música ás 13.30 horas. Pola tarde poderán degustarse troitas a partir das 19.00 horas, cando tamén se inicia a segunda xornada do Troita Folk, adicada aos Cantos de Taberna cos grupos Cantanascroas de Salcedo e Madialeva de Meis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00