O deporte e a cultura, dinamizadores na comarca da Limia
A subida a Vilar de Barrio e a I Lumeada Trasmiras 2024 dinamizaron A Limia a pasada fin de semana
Entrevista con David Villarino (Lumeada Trasmiras) e Celso Cerredelo (Subida a Vilar de Barrio)
06:37
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716821868836/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Limia
A pasada fin de semana a comarca da Limia rexistrou unha importante afluencia de visitantes. Por un lado, a III a Subida a Vilar de Barrio atraeu a persoas de toda Galicia, mais tamén de Castela e León ou Asturias. Falamos con Celso Cerredelo, dende o Comité organizador, en Hoy por Hoy a Limia quen fai un balance positivo nunha subida na que Jacobo Senin gañou esta proba, puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña.
Alén do susto que provocou o accidente de Pablo Rey, foi tamén un evento de homenaxes, xa que se inaugurou o Trofeo Memorial Alfonso Cid e tamén estivo moi presente a figura de Jorge Pérez e o seu irmán Gilillo, falecido o ano pasado.
Tamén en Trasmiras houbo moito dinamismo grazas á celebración da I Lumeada Trasmiras 2024 que mobilizou a 180 músicos de toda a comarca da Limia. David Villarino, dende a escola de música municipal, fixo un repaso nos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia en relación ao que supuxo este evento que nace con vocación de continuar.