Estrea de `Aínda hoxe as horas´ da limiá Mirian Opazo
O audiovisual, que se puido ver no festival de Cans de Porriño, estará accesible en internet
Entrevista con Mirian Opazo sobre o seu último traballo audiovisual
Xinzo de Limia
Ás seis da tarde a páxina web de Fálame de San Sadurniño acollerá a estrea da peza audiovisual `Aínda hoxe as horas´ da limiá Miran Opazo. Un traballo que naceu no Chanfaina Lab e que está dirixido, guionizado e montado por O Pazo.
Miran Opazo (Xinzo de Limia, 1998) gradouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca (USAL) e estudou, na mesma cidade, un mestrado en estudos avanzados en Produción e Prácticas Artísticas. Recentemente o seu traballo foi proxectado na sección oficial Furacáns do Festival de Cans de Porriño, aínda que non era a primeira vez pois a súa anterior achega xa pasara por este evento.
En Hoy por Hoy A Limia conversamos con esta limiá, que está a piques de comezar a súa tese de doutoramento relacionada co cine e a memoria.