Sociedad | Actualidad

Pesar en Xinzo polo pasamento de Rubén Seoane, membro de Habitación Vudú

O limiao faleceu dun infarto cando facía deporte en Salamanca

ZK,

Xinzo de Limia

A fin de semana deixou unha tráxica nova en Xinzo de Limia. A do pasamento do limiao Rubén Seoane, baixista do grupo Habitación Vudú.

Seoane, limiao de 40 anos, faleceu a causa dun infarto cando facía deporte en Salamanca, onde tiña a súa residencia.

Ademais da súa faceta musical, traballaba no servizo de saúde de Castela e León como técnico de raios.

Dende a Banda de Gaitas de Xinzo xa expresaron o seu pesar pola morte de `Chita´, quen foi gaiteiro desta entidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00