Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política

A alcaldesa de Fisterra retira tódalas competencias a Francisco Martínez, segundo tenente de alcalde

É a primeira consecuencia do voto negativo do concelleiro de Alternativa dos Veciños ao orzamento municipal

Fisterra

A alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez, ten cada día máis difícil gobernar , ás trabas lóxicas da oposición agora debe enfrontarse ás do seu propio partido. O enfrontamento entre a rexedora e o concelleiro Francisco Martínez, pai do responsable de Alternativa na localidade, foron incrementándose neste ano de mandato ata que as os distintos puntos de vista respecto ao servizo de urbanismo municipal levaron á alcaldesa a rebaixar de primeiro a segundo tenente de alcalde a Martínez.

A situación dentro do grupo de goberno complícase máis agora, no último pleno, celebrado este xoves, someteuse a votación o orzamento para este ano 2024, unha proposta que contou co voto en contra do PP, a abstención do PSOE e o voto a favor do BNG xunto á propia alcaldesa e un dos concelleiros de AV. O outro membro do goberno, Francisco Martínez, votou en contra da proposta dos seus compañeiros alegando que se realizaran cambios sen que se lle informase.

Áurea Domínguez decidía este venres retirar tódalas competencias que Martínez tiña no goberno. Pola súa banda dende Alternativa do Veciños amosan o seu apoio ao concelleiro, aseguran que está sendo illado pola alcaldesa. E engaden que o partido chegou a Fisterra “para levantar alfombras, varrer o po e encher de aire fresco a política municipal” engaden que “se non é posible facelo dende o goberno, farano dende a oposición”.

Nin a alcaldesa, nin o concelleiro díscolo, non dirixentes de AV quixeron facer declaracións a Radio Nordés este venres. Os que si falaron foron os voceiros dos grupos da oposición.

Dende o PP Luís Insua asegurou que a situación vivida no pleno “deixou Patente o desgoberno de Fisterra” asegura que “gobernar é algo máis que saír nas redes sociais cambiando dúas papeleiras” e que fan falta uns obxectivos claros.

Pola súa banda dende o PSOE, o seu voceiro Pepe Marcote asegura que “xa lle advertimos á alcaldesa que os verdadeiros motivos de AV non eran mellorar Fisterra, senón co resentimento dunha familia co goberno anterior ” e culpa ao actual goberno de ter paralizado o concello debido ás disputas internas.

Por último a voceira do BNG, Teresa Fernández, cualificou a situación de “bochorno”, amosouse sorprendida de que se presentaran a pleno os orzamentos sabendo de antemán que non ían saír adiante.