Sociedad | Actualidad

A MIT presenta a sua 40ª edición que correrá o telón cun espectáculo galego de danza de só mulleres

Cobrarán protagonismo os espectáculos de rúa

Presentación da 40 ª MIT / Cadena SER

Presentación da 40 ª MIT

Ribadavia

Onte presentouse no Centro Dramático de Santiago de Compostela a 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Unha celebración anual, que se ten convertido nun referente cultural tanto a nivel nacional como internacional, promete unha vez máis sorprender ao público cunha programación variada e de alta calidade. Do día 19 ao 27 de xullo.

Desde os seus inicios, a Mostra foi un punto de encontro para artistas, directores e amantes do teatro, consolidándose como un evento imprescindible no calendario cultural.

Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Marta Pazos, Alberto Conejero, Esther Carrodeguas, … Confluencia de prestixiosas directoras, dramaturgos e coreógrafas nunha MIT máis plural, máis inclusiva e máis festiva ca nunca. Grandes nomes do clown coma o arxentino Gabriel Chamé ou a inglesa Peta Lily, o teatro popular e contemporáneo con estreas en Galicia de actores como Alberto Velasco ou Los Galindos, así como a estrea do espectáculo do CDG “Nada se sabe”, tamén de celebración do 40 aniversario, conforman unha ampla programación con documentais, coloquios, cursos e presentacións.

A MIT aposta pola idea de espello para revisar, fortalecer e seguir innovando. Novos nomes da escena internacional que nunca estiveron en Galicia, estreas e reafirmado apoio a aquelas voces que emerxeron do no panorama escénico da man do festival tamén co recoñecemento do público da MIT, como pode ser a dobremente premiada (en 2017 e 2020) Nova Galega de Danza. Despois do seu 20 aniversario, a nova andaina da compañía será a encargada de abrir no Castelo a 40 edición co espectáculo DIQUE, dirixido por Marta Pazos e coa coreografía da mallorquina Belén Martí Lluch (colaboradora de artistas coma Albert Pla, La Tristura, Javier Calvo e Javier Ambrossi en “La Mesías” ou na nova biopic “Superestar” para Netflix, etc.), xunto cun equipo integramente de mulleres. DIQUE é un espectáculo arredor da memoria local, con raíces no Ferrol natal da compañía e brazos extendidos na linguaxe universal de fusión entre o baile tradicional e a linguaxe contemporánea que dende sempre procura a compañía. É un espectáculo que fala das 200 mulleres que hai 150 anos excavaron o Dique da Campá de Ferrol, un fito na enxeñería española do século XIX. Un espectáculo de homenaxe e de reflexión actual a partir da historia, en coprodución co CCG.

9 días cheos de espectáculos e para clausurar esta 40ª edición, unha coprodución co Centro Dramático Nacional e Butaca Zero, Iribarne, unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente.

A venda de entradas comeza cos abonos para todos os espectáculos do Castelo. Cada ABONO terá un prezo de 69 € e poderá adquirirse na oficina da MIT, na Praza Maior de Ribadavia e a través da web de Ataquilla.com. Será posible facelo dende o día 6 de xuño ata o día 24 de xuño. A partir do día 25 de xuño as entradas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00