Esmeralda Marra: "Os nenos socializan, divírtense e adquiren un compromiso"
Falamos coa directora do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, onde se están a celebrar as xornadas de portas abertas
Entrevista con Esmeralda Marra, directora do Conservatorio de Música de Xinzo de Limia
Xinzo de Limia
Piano, guitarra, violín, viola, acordeón, frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba e trompa. O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia mantén unha ampla oferta formativa. Hoxe, de novo, celebra unha nova xornada de portas abertas, que se ampliarán a vindeira semana.
En Hoy por Hoy a Limia falamos coa súa directora, Esmeralda Marra, que nos fala das ventaxas que ten ir ao conservatorio. Alén do título, refírese á socialización, ao xogo, ao compromiso que suscita formar parte da actividade desta proposta formativa.
O 13, 14 e 21 albergarán os concertos finais, un motivo máis para formar parte deste proxecto.