Por que Vilar de Barrio é a Atapuerca galega?
Falamos co director da intervención arqueolóxica en Vilar de Barrio, Martiño Xosé Vázquez
A Atapuerca galega en Vilar de Barrio, Ourense
06:34
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1718035776566/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Vilar de Barrio
Os traballos arqueolóxicos, iniciados no 2018, están a dar os seus froitos no monte do Castelo en Vilar de Barrio. Recentemente fíxose pública a descuberta dunha muralla da Idade de Bronce.
Se en Atapuerca se localizaron restos que poden explicar a evolución do ser humano dende a noite dos tempos, “en Vilar de Barrio vimos de localizar un xacemento arqueolóxico que pode explicar a evolución do ser humano, de nós mesmos, cando mesmo dende a Idade de Bronce até a actualidade”, explica Martiño Xosé Vázquez, director da intervención arqueolóxica.
En Hoy por Hoy A Limia falamos Vázquez para coñecer todos os detalles relacionados co recinto fortificado do Castelo de Vilar de Barrio.