Pacto da Concordia
El PSdeG-PSOE acaba de trasladar una propuesta formal al BNG y al PP para garantizar una alternativa real de gobierno estable en el Concello de Ourense
O 28 de maio, pasado un ano dende a que tiveran lugar as últimas eleccións municipais, dende o grupo municipal socialista propuxeron a apertura dun proceso de diálogo na procura dun consenso para construír unha alternativa de goberno estable para a cidade no que resta de mandato.
Neste senso, a portavoz do PSdeG no Concello e secretaria xeral do partido en Ourense, Natalia González, sinala que considera que debían ser eles as e os que abrisen e promovesen ese espazo de entendemento. “Temos claro que a proposta tiña que partir de nós porque somos o único grupo que ata o de agora acadou consensuar ou achegar posicións co PP e co BNG ante problemas ou proxectos chave para a cidade, priorizando o interese público sobre calquera outro interese partidista”, expón.
“No día de hoxe, e unha vez confirmada a vontade política dos demais grupos, entendemos que é o momento de dar o seguinte paso co traslado dunha proposta firme e formal con 14 compromisos esenciais para Ourense que poden e deben transformarse nesa alternativa real e sólida que todos e todas concordamos que a cidade precisa máis ca nunca”, defende a socialista.
E remata engadindo que “é o momento da política con maiúsculas, da valentía e de apostar por cambiar o futuro” e que confían “plenamente” en que “tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Popular estarán á altura, deixarán a un lado as diferenzas políticas e porán Ourense por diante”.