Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

SER Deportivos Ourense
Más deportes

IV Xurés Bike Tour por Muíños, Entrimo e Lobios

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña en tres concellos

PRESENTACIÓN XURÉS BIKE TOUR. O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación da Xurés Bike Tour, no patio interior do Pazo Provincial. Tamén participan María del Carmen Yáñez Salgado (Alcaldesa de Lobios), Benito Rodríguez Alonso (Tenente de Alcalde de Muiños), Cecilio Santalices Mourille (Xefe Provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Ourense), Emma González Diéguez (Xerenta do INORDE) e Serafín Martínez Otero (Organizador da Proba). / Alberte Paz Deputación

A proba que reunirá a máis de 150 deportistas, celebrarase os días 15 e 16 xuño en formato volta de dous días e dividida en tres etapas (dúas tipo maratón e unha contrareloxo). O evento, impulsado desde o Inorde co apoio de Turismo de Galicia, permítenos potenciar os recursos naturais e patrimonais do territorio e , ademais, ao tratarse dunha proba que dura dous días, atraeremos a visitantes que terán que pernoctar na nosa provincia, ´´ explicou Rosendo Luis´´.

A Xurés Bike Tour consta de distintas modalidades: volta completa, na que os participantes realizaran as tres etapas; bicicleta eléctrica, dirixida a deportistas individuais que realicen as tres etapas cunha e-bike, esta categoría no será competitiva e modalidade por parellas, para os equipos de dous integrantes que realicen as tres etapas. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos. Ademais, poderase realizar calquera das etapas de forma individual agás o prólogo, pero non entrarán nos premios da etapa. Nesta ocasión, a Xurés Bike Tour será disputada por máis de 150 deportistas procedentes de 11 provincias, entre os que se atopa o Campión do MUndo de XCM, o portugués David Vaz.