M. T. Joga: "O tratamento de residuos non ten que ser simplemente unha obriga do sector agrogandeiro, senón un dereito"
A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia pasou polos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia.
M. T. Joga: "O tratamento de residuos non ten que ser unha obriga do sector agrogandeiro, senón un dereito"
Xinzo de Limia
O sector agrícola da Limia continúa coa sementeira da pataca cun atraso considerable tras as inclemencias meteorolóxicas, que aínda manteñen algún campo asolagado. Ademais, "o atraso na bota da pataca provocou que a semente vaia moi xerminada"Sobre esta cuestión falamos coa presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, María Tesa Joga.
Outra cuestión que analizamos con Joga son as demandas que trasladaron dende a asociación ao goberno autonómico. Entre elas, a limpeza das canles que "vai permitir unha mellor drenaxe das augas. Segundo nos comentaron a partida presupuestaria non vai dar para ter esa limpeza en profundidade, pero calquera tipo de iniciativa vai redundar no beneficio das parcelas". Ademais, continúa a demanda de que o tratamento de residuos sexa un dereito para o sector.
Ademais, en Hoy por Hoy A Limia falamos da prórroga das axudas da Política Agraria Común, "supuxo unha gran axuda porque os gandeiros estaban apurados coas declaracións porque había fincas destinadas a un tipo de cultivo que logo non se puido facer", explica Joga.