Desafío entre as aldeas da Limia
Baronzás impulsa unha serie de probas para grupos interxeracionais

Desafío entre aldeas, falamos con Baronzás
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense
A aldea de Baronzás de Xinzo de Limia impulsa `O desafío entre aldeas´. Trátase dunha serie de probas ás que se enfrontarán grupos pertencentes a distintas aldeas. O requisito é que non pode existir máis dun grupo por aldea e a súa composición ten que acoller persoas de distintas ideas.
O obxectivo é incentivar o espírito comunitario e fomentar as relacións entre xeración nun contexto, o rural, no que tamén se vai deixando notar o individualismo e o esvaecemento dos lazos comunitarios.
Falamos con Marta Joga que nos explica as probas polas que terán que pasar ás persoas inscritas e coa que reflexionamos sobre o desafío que atravesa o propio rural.




