Sociedad

Arroxo: "Non pode ser que un conductor de bus ou un médico que teña que operar ao día seguinte non descansen polos ruidos ata as sete da mañá"

A reducción horaria das discotecas só afectará a dous establecementos de ocio nocturno de Lugo

Rubén Arroxo: "Non pode ser que un médico que teña que operar ao día seguinte non descanse polos ruidos ata as sete da mañá"

Rubén Arroxo: "Non pode ser que un médico que teña que operar ao día seguinte non descanse polos ruidos ata as sete da mañá"

11:06

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1718370418455/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Atopar o equilibrio entre o ocio e o descanso. Ese é o obxectivo co que o Concello de Lugo decidíu reducir o horario de aperturas das discotecas lucenses. O voceiro nacionalista, e tenente de alcalde, Rubén Arroxo, explica que "hai zonas onde non se poden montar determinados negocios" polas molestias acústicas que conlevan.

Argumenta que "non pode ser que a xente teña que aguantar ruidos ata as sete da mañá cando ao día seguinte teñen que facer, por exemplo, un traballo que necesita dun descanso determinado como conducir un bus, un camión ou facer unha intervención cirúrxica".

É por iso polo que o Concello de Lugo modifica o horario de apertura aos locais con licencia de discoteca que estén ubicadas en zonas residenciais. Co novo límite horario, as discotecas pasan a rexirse pola mesma normativa que fan os pubs: 4:00h para desaloxar e 4:30h para pechar.

O certo é que só dous establecementos da capital lucense son os afectados por esta moficiación, o resto poderán seguir desenvolvendo a súa actividade como o fan habitualmente.

A medida, insiste o tenente alcalde, xurde a raíz das numerosas denuncias veciñais derivadas do funcionamento da actividade de discoteca en zonas residenciais da cidade polo que, tendo en conta a potestade dos concellos para intervir na regulación dos horarios, considerouse oportuno acordar unha reducción do horario xeral de peche desta categoría de establecementos “coa fin de conciliar o ocio nocturno co dereito ó descanso dos residentes”, argumenta Rubén Arroxo.

O nacionalista insistíu, no seu paso polos micrófonos de Radio Lugo SER, que esta modificación non afectará ás discotecas ubicadas fóra das zonas de residencia como son, por exemplo, as localizadas nos polígonos industriais, que poderán continuar co seu peche ás 06:00 horas.

Este Decreto ofrece un marco legal para que as forzas de seguridade poidan actuar en caso de incumprimento do novo horario de peche por parte dos establecementos.

As reaccións en redes non se fixeron de rogar. A mocidade lucense rápido compartíu en foros de opinión coma 'X' as súas preocupacións por ter que poñer punto e final á troula nocturna ás 4:00. Arroxo cree que "a xente moza ten que ter os seus espazos de diversión e de socialización, pero sempre respetando aos resto da veciñañza".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00