Valeria Gutiérrez: “É unha honra recibir un premio co nome de Antón Tovar”
A limiá recolleu o galardón a pasada fin de semana
Valeria Gutiérrez, Premio Antón Tovar
Xinzo de Limia
“Tanto camiñei, camiñei tanto” é o poema que, por unanimidade do xurado, conseguiu o recoñecemento. A entrega tivo lugar esta pasada fin de semana. Nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER falamos coa premiada, quen afirma que "é unha honra recibir un premio co nome de Antón tovar".
O Museo da Limia promove desde o 2021, coincidindo co centenario do nacimiento de Antón Tovar, distintas iniciativas para difundir a súa obra e demandar que se lle dediquen as Letras Galegas.