La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Excursión

O muíño de Porto do Molle de Nigrán abre a temporada de verán con visitas escolares de Vigo e Gondomar

O CEIP Ramón y Cajal de Vigo e o IES Auga da Laxe de Gondomar visitaron esta semana as instalacións do muíño

Alumnado do CEIP Ramón y Cajal de Vigo durante a visita ao muíño

Escolares do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal de Vigo e a do IES Auga da Laxe de Gondomar visitaron esta semana o muíño de Porto do Molle rehabilitado polo Concello de Nigrán tras un investimento de 250.000 €. Estes foron recibidos polo alcalde de Nigrán, Juan González, e por Antonio Abalde, autor da mostra ‘A cultura do pan’ que permanece na sala de exposicións do muíño para, precisamente, facerlle unha visita guiada a estes rapaces.

O Concello investíu 250.000 euros na rehabilitación integral do muíño de Porto do Molle, situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico. Así, o obxectivo do proxecto foi reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo a funcionar mediante a reposición dos mecanismos (que estaban desaparecidos, igual que a cuberta) e da disposición dunha nova canle hidráulica. En definitiva, o Concello desexa por en valor esta edificación tradicional de excepcional interese cultural.

A construción, de gran valor histórico, é unha das máis grandes da comarca cunha planta rectangular de 25 x 6,5 m e chegou a ter tres moas en funcionamento, recuperándose agora unha. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que ía a auga tras moverse o mecanismo de rotación. As obras e movementos de terra no parque empresarial implicaron soterrar a canalización de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que actualmente non ten conexión ao río, sen embargo, creouse un circuíto pechado para que poida funcionar.

Esta restauración, ademais de implicar un estudo histórico e control arqueolóxico da mesma, implicou repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa desaparecidos de roturación e trituración. Así, na sala correspondente ao propio muíño fíxose unha intervención mínima instalando unha cuberta de madeira de castiñeiro con cerchas e correas, tal e como tradicionalmente se facía, e, adicionalmente, no chan se repararon as grandes lousas de granito que estaban deterioradas.

Na sala que era vivenda ou almancén creouse unha pequena sala de exposicións ou multiusos cun sistema estrutural moderno a base de madeira laminada e tirantes de aceiro, ademais, habilitáronse dous aseos, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida. O edificio mantén tres accesos independentes: o do propio muíño, o da sala e un central que da ao vestíbulo desde onde acceder ás dúas salas ou wc. A maiores, intervíuse na zona verde da contorna do muíño, onde os desniveis de terras se adaptaron mediante bancais para permitir contemplar mellor todas as partes do muíño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00