Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea de Soutomaior

A reforma suporá a creación dun núcleo de centralidade no barrio, poñendo en valor todo o conxunto arquitectónico

Dende o Goberno Local agardan que comecen os traballos na Praza da Aldea pasado o verán. Un proxecto que se está a tramitar xunto con outros traballos co fin de crear núcleos de centralidade nos diferentes barrios do concello, como é o caso do proxecto da Carreira dos bolos da Pedreira.

O obxectivo desta actuación, segundo lembrou o alcalde, Manu Lourenzo, é poñer en valor o espazo dun dos barrios históricos do concello, ao tempo que se aposta por un modelo "coidado, moderno, agradable, accesible e respectuoso coa esencia do barrio".

A reforma suporá a creación dun núcleo de centralidade no barrio, poñendo en valor todo o conxunto arquitectónico formado polos muros de mampostería, cruceiros, edificacións e outros elementos que xa forman parte da Praza da Aldea, respectando a esencia que o caracteriza.

Así, consistirá na pavimentación con pedra do país de toda a praza. Ademais, levarase a cabo o arranxo do acceso á praza con pedra e formigón, e dotarase toda a zona con mobiliario urbano, como aparcadoiros, bancos e árbores, que farán da Praza da Aldea un espazo agradable.

Uns traballos que comezarán en canto pase o verán, contarán con 4 meses de prazo de execución e cun investimento de máis de 159.000€.

Manu Lourenzo dixo que “con este proxecto trátase de poñer en valor e potenciar o Patrimonio Natural e paisaxístico do noso concello. Trátase de deixar de entender Soutomaior como unha rede de estradas sen espazos para as persoas e de tornar materiais como o piche por materiais nobres como a pedra, a madeira ou o aceiro. E así, deste xeito, recuperar espazos de convivencia da veciñanza e poder volver ver aos nenos xogar na rúa”.

Ramón Mella

Ramón Mella

(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir