Un motorista falece en Carballo logo de impactar contra un camión-grúa
O condutor do camión puido verse deslumbrado polo sol e non ver a chegada da moto
Carballo
Un motorista perdeu a vida onte ao colidir frontalmente a súa moto contra un camión grúa na AC-552, á altura de Bértoa. Eran ao redor das tres e media da tarde cando a motocicleta impactou cun camión grúa que manobraba na coñecida coo recta da Galleguiña. Segundo as primeiras pesquisas, o sol puido cegar a manobra do condutor do camión que non vería a chegada do motorista. Ata o lugar dos feitos desprazouse un helicóptero do 112 que nada puido facer xa que a vítima faleceu antes do traslado. O falecido é un varón duns 40 anos que residía na vila de Carballo e que responde ás iniciais DRV
Incendio forestal
Ademáis a tarde deixounos tamén o primeiro lume forestal do verán. Foi en Cures, no concello de Vimianzo. Alí un accidente de tráfico acabou cun lume no monteque puido ser sufocado. O condutor afirmou ter esquivado un cervo e logo da manobra evasiva, colidiu contra unha árbore. Afortunadamente o ocupante do vehúculo saiu ileso pero o impacto orixinou un lume que queimou dúas hectáreas de monte baixo e que quedou controlado pouco antes das 5 da tarde.