Política

As máquinas comenzarán a traballar en breve no entorno de A Barca

Os servizos xurídicos da Deputación avalan a modificación do proxecto orixinal sen necesidade de pasar polo pleno

Iago Toba, alcalde, e dous concelleiros, no lugar onde se van a retomar as obras

Iago Toba, alcalde, e dous concelleiros, no lugar onde se van a retomar as obras

Muxía

As máquinas prepáranse para regresar A Barca. O goberno local muxián vai seguir adiante coas actuacións no entorno do santuario, logo de que a modificación do proxecto inicial fose rechazado en sesión plenaria. Os servizos xurídicos da Deputación avalan que o goberno muxián poida variar o inicialmente previsto e, unha vez reciba luz verde no pleno do ente provincial, poderanse reactivar as obras sen pasar polo pleno municipal.

O novo proxecto evita demoler parte do Mirador da Ferida, ademáis de rectificar algúns indicadores que contiñan erros. Inclúese a instalación dunha lámina informativa do "KM. 0" e cambia o previsto inicialmente para o pavimento. A intención é retomar as obras canto antes para que poidan estar acabadas e entregadas na semana da Romería da Barca

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00