Malpica amence coa rotura dunha tubaxe de gas
Un vehículo bateu cunha conducción de gas e provocou o corte da rúa Eduardo Pondal
Malpica
Malpica espertou cun despregue de bombeiros da rúa Eduardo Pondal por mor da rotura dunha tubaxe de gas. Un coche que circulaba por esa rúa bateu cunha conducción de gas e provou o corte da circulación tanto ao tráfico rodado como a viandantes. Un supermercado próximo pechou as súas portas mentres os bombeiros controlaban a situación á espera da chegada de persoal especializado da empresa suministradora