Política

O conflito dos bombeiros, un paso máis cerca da solución

A Deputación consigna 8 millóns para renovación de material. Os bombeiros reciben a nova con agrado pero lembran que quedan "temas pendentes"

Vehículo calcinado en Fisterra

Vehículo calcinado en Fisterra

Costa da Morte

A problemática dos bomeiros do Consorcio Provincial está un pouco máis cerca de encauzarse. O ente provincial aprobou unha modificación de créditro de máis de oito millón para a mellora de materiais e equipos. Vaise acometer unha inversión en vestiario, traxes de intervención, renovaranse 5 vehículos, equipos de rescate e tamén haberá actuacións nos propios parques en materia de mobiliario, louza, material de ximnasio e equipos informáticos. Neste plan está previsto también o cambio da cuberta do parque de Carballo.

O colectivo de bombeiros recibe con satisfacción a nova dunha inversión "moi necesaria". Honorino Raña, voceiro do Comité de Empresa dp Consorcio de Bombeiros, valora a inversión do ente provincial pero lembra tamén que queda pendente "solucionar o problema do Consorcio en canto as condicións laborais. HAi que firmar un convenio e unha RPT para unificar as condicións laborais de todos os traballadores.

ACTUACIÓN EN FISTERRA

Uns bombeiros que esta mañán tiveron que sufocar un lumen un vehículo en Duio, no concello de Fisterra. Non houbo que lamentar danos persoais pero o vehículo quedou totalmente calcinado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00