Política

Balance demoledor do BNG aos primeiros 100 días de goberno na Xunta de Alfonso Rueda

O deputado Óscar Insua considera que para o PP a Costa da Morte "é un parque temático de turismo tres meses do verán"

Óscar Insua, deputado do BNG

Óscar Insua, deputado do BNG

Costa da Morte

O BNG non pode facer unha valoración máis negativa aos primeiros 100 días de goberno de Alfonso Rueda. O deputado nacionalista Óscar Insua considera que o abandono da administración autonómica só provoca que os veciños teñan que "emigrar ao estranxeiro ou a outras cidades en porcentaxes só vistas no século pasado".

Segundo os nacionalistas, tanto ten valorar os últimos cen días como o resto da historia recente porque "en realidade son quince anos de políticas que esquecen a nosa comarca e provocan o abandono deste zona perfiférica". O BNG bota en falta máis accións de fomento da actividade industrial "distinta á instalación de parques eólicos" o que provoca altas taxas de emigración. Todo isto vén provocado segundo Insua pola concepción que ten o PP da Costa da Morte coma "un parque temático de turismo durante tres meses no verán", mentres non deixan de pechar "granxas e se deixa de ir a traballar no mar".

En materia de infraestruturas o panorama non é máis alentador para os nacionalistas, xa que "os incumprimentos son visíbeis". A principal crítica céntrase na parálise que sufre a autovía da Costa da Morte. "O tramo entre Salto e Berdoias vai quedar sen executar este ano a pesar de que venderon que destinaban 2 millóns no orzamento de 2024 e a eterna promesa convértese días tras día nunha mentira que só lles serve para enganar aos seus votantes e castigar e ter máis incomunicada á Costa da Morte2 afirmou. Para Óscar Insua, a ausencia desas vías de comunicación imposibilitan que "os emprendedores vexan a nosa zona como unha oportunidade de negocio". Pero o da autovía non é o único incumprimento que sinalan os nacionalistas, destacando a "falta de compromiso da Xunta co enlace da autovía co polígono de Vimianzo, o abandono do porto de Brensa ou o porto deportivo de Corcubión".

O relato do BNG complétase lembrando os problemas en materia de servizos sociais "sen ter centros de día na comarca e as prazas sen cubrir de pediatras". Para Insua é "unha tomadura de pelo" que as únicas obras que se acometen sexan "nas paradas de autobuses" cando o servizo é "un auténtico desastre onde non se saben os horarios e para ir de Santiago a Fisterra lévanche de paseo durante 3 horas por Muros e Noia".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00