Nordés DeportivosNordés Deportivos
Política

O BNG solicita ao goberno a cesión das fábricas de salgadura de Quenxe ao Concello de Corcubión

Néstor Rego urxe a ceder o inmoble para recuperar a zona

Os restos das fábricas de salgadura están situadas en plena praia de Quenxe

A Coruña

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar unha iniciativa para que o Goberno do Estado ceda ao Concell ode Corcubión as fábricas de salgadura de Quenxe, actualmente en mans da SAREB. Sería o primeiro paso para a rexeneración do espazo e a recuperación do valor histórico das dúas fábricas, o que podería axudar ao impulso turístico e a dinamización económica da vila.

As ruínas das fábricas de salgadura están no paseo marítimo, ne plan praia de Quenxe. Rego considera que de restaurarse, "recuperaríase unha construción singular e convertiríase ese espazo urbano nun espazo de lecer e entretemento". Xa na pasada lexislatura os nacionalistas impulsaron iniciativas para que a SAREB transferise ese espazo ao Cocnell ode Corcubión. Lembra o BNG que que as fábricas están situadas nunha concesión nun espazo do dominio público marítimo terrestre e que tería que ter revertido a mans do COncello unha vez rematada a actividade industrial. Pero pese a promoverse esa cesión xa na anterior lexislatura, non se rexistrou ningún avance. O actual alcalde de Corcubión ten solicitada unha reunión con Ministerio de Economía para aboprdar esta cuestión.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00