"Nigrán soa a swing" encherá esta fin de semana a Alameda da Ramallosa de música
O domingo a partir das 21h00 o swing será o protagonista do serán da Ramallosa
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 21 de xullo ás 21:00 horas na Alameda da Ramallosa un concerto da Orquestra de Saxos de Redondela e Xingro´s Band baixo o título 'Nigrán soa a swing'. O evento encádrase na programación de verán municipal.
A Orquestra de Saxos de Redondela nace hai dúas décadas pola iniciativa do seu directora Dª Elisa Arias Trigo. Desde a súa orixe está integrada por alumnos e alumnas da área de saxofón do Conservatorio de Música de Redondela, agrupando jovenes con idades comprendidas entre os 8 e os 27 anos. Caracterízase por ser unha agrupación orixinal e única, tanto na súa composición como no seu espírito formativo e didáctico.
O repertorio abarca todos os estilos musicais e autores, desde os grandes clásicos (Bach, Mozart…) ata compositores de obras creadas exclusivamente para a Orquestra, pasando, naturalmente, pola música popular tradicional e, neste caso, prestarán especial atención ao swing.
Pola súa banda, a Big Band Xingros é un grupo nacido da necesidade de levar a música contemporánea e jazz ao gran público e está liderado polo mestre e compositor José Pérez Arias desde 2015. Desde a súa formación ten a súa sede reunión no Conservatorio de Música 'Victor Urena' de Redondela, onde realiza os seus ensaios ao estar composta na súa maioría por estudantes de diferentes especialidades.
O número de membros é de preto de 21 músicos que tocan instrumentos de vento (saxofón alto, tenor, barítono e baixo), vento-metal (trompetas e trombóns) e sección rítmica (guitarra, baixo, teclados, piano, batería). Todos eles baixo a batuta do profesor e director José Peréz.