Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Continúan as MOP Talks coa participación do fotógrafo de moda Nick Knight

Conversará co xornalista de moda Tim Blanks sobre as súas fotografías de corte vangardista

LONDON, ENGLAND - JUNE 20: Nick Knight attends the Summer Party at the V&A in partnership with Harrods at the Victoria and Albert Museum on June 20, 2018 in London, England. (Photo by David M. Benett/Dave Benett/Getty Images for Victoria and Albert Museum) / Dave Benett

LONDON, ENGLAND - JUNE 20:  Nick Knight attends the Summer Party at the V&A in partnership with Harrods at the Victoria and Albert Museum on June 20, 2018 in London, England.  (Photo by David M. Benett/Dave Benett/Getty Images for Victoria and Albert Museum)

A Coruña

O fotógrafo británico de moda Nick Knight estará esta tarde na Coruña nun coloquio organizado pola Fundación Marta Ortega Pérez, que terá lugar nos silos do Peirao de Batería a partir das 19:30 horas. Knight conversará co xornalista de moda Tim Blanks sobre o seu traballo fotográfico, marcado por un estilo vangardista e innovador.

Knight é o artífice de grandes campañas para marcas de luxo como Burberry, Chanel ou Dior, e en outubro poderá verse unha exposición súa na Fundación Barrié, inspirada nas rosas do seu xardín.

Esta é a segunda sesión das MOP Talks, un ciclo que traerá á cidade a destacadas personalidades da cultura. A seguinte cita será o 29 de xullo co arquitecto David Chipperfield, gañador do Premio Pritzker e responsable do proxecto de rexeneración de As Xubias. Anteriormente participou tamén a escritora Milena Busquets.

O aforo do evento está limitado a 200 persoas, polo que era necesario reservar previamente entrada gratuíta. As de Nick Knight xa están esgotadas e as de Chipperfield póñense dispoñibles hoxe ás 11 da mañá.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir