Goretti Sanmartín: "Espero máis empatía de Rueda coa veciñanza de Santiago"
A alcaldesa de Santiago avanza nunha entrevista na Cadena SER que o concello entregará á Xunta dúas parcelas para a construcción de vivenda pública na Volta do Castro
Entrevista Goretti Sanmartín
Santiago de Compostela
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclama ó presidente da Xunta maior "empatía" coa veciñanza de Santiago, y agarda unha resposta positiva do goberno galego en cuestións como unha maior financiación do estatuto da capitalidade e a implantación dunha taxa turística na cidade. Son dous dos asuntos que a rexedora nacionalista confía en poder sacar adiante, pero lamenta que o presidente da Xunta teña adiado a reunión que lle ten solicitado.
Nunha entrevista na Cadena SER, Sanmartín, neste día de Galicia, asegurou que ve á comunidade con moitas oportunidades, "alzando a voz contra proxectos como o que Altri quere implantar na comarca da Ulloa". En clave interna, ve a Ana Pontón moi consolidada á fronte do BNG, cree que é a mellor baza que ten o nacionalismo para tratar de conquistar a Xunta nas vindeiras eleccións.
A alcaldesa de Santiago xustifica a súa ausencia nos actos relixiosos da ofrenda ó Apóstol, cre que nun estado aconfesional a alcaldesa ten dereito a non acudir a esa ofrenda, sí participou na revista de tropas na praza do Obradoiro e na recepción oficial ás autoridades no pazo de Raxoi.
Aposta pola vivenda pública
Goretti Sanmartín avanzou nesa entrevista na Cadena SER que o concello de Santiago vai ceder nos próximos días dúas parcelas na Volta do Castro á Xunta de Galicia para a construcción de máis vivenda pública. Tamén lle reclama que destine a parcela situada xunto á biblioteca Ánxel Casal, no entorno do casco histórico, a construcción de vivenda pública.
Defende ademais os traballos que se están a realizar dende o seu goberno para declarar Santiago como zona tensionada, e outras medidas como a intención de comprar un edificio na zona vella para destinalo a vivenda pública.
Ricardo Rodríguez
Director de Contenidos de la Cadena SER en Galicia,...Director de Contenidos de la Cadena SER en Galicia, donde comenzó su carrera profesional en 2005. Durante años fue responsable de la información política y parlamentaria, y editor de informativos. Licenciado en Periodismo y Comunicación Audiovisual por la Universidad de Santiago de Compostela.