Sociedad

Máis de 50 actividades para non 'esquecer'

A Festa do Esquecemento volve iste ano a Xinzo de Limia coa XXIV edición

Os romanos cruzando o río Lethes

A Festa do Esquecemento volve iste ano a Xinzo de Limia coa XXIV edición, grazas á colaboración da Asociación Civitas Limicorum e o propio Concello de Xinzo de Limia. A devandita celebración contará con máis de 50 actividades, as cales desenvolveranse entre o venres 23 e o domingo 25 de agosto, con ubicacións no Parque do Toural, as rúas do Casco Vello, a Praza Mayor, a Praza Carlos Casares e o Campamento e o Río Lethes.

A festa arranca o venres coa inauguración do campamento, mercado e zona infantil coa banda de gaitas Cidade de Antioquía. Tamén terá lugar o Circo Romano, coa animación de rúa a cargo de Trip Malabar e pasarrúas con Turdión. Á noite, turno para os Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar. Para rematar o primeiro día desta festa, terá lugar o gran desfile inaugural con antorchas e o prendido do lume sagrado, con pasarrúas con Cidade de Antioquía e concerto de Grimorium.

O sábado abrirase o mercado e a zona Infantil con Turdión, acompañado do Circo Romano, desfile das Fuerzas de Choque Romanas Extraordinarii de Cartagena, Loitas do Coliseum, pasarrúas con Cidade de Antioquía e Triduendes, a cargo de Trip Malabar. Para continuar a Festa do Esquecemento, a maiores haberá unha recepción de autoridades a tropas estranxeiras, cos Premios Bispo Idacio 2024 e a chamada Harmonía no aire. Xa pola tarde, haberá unha xincana e pasarrúas con Lirolaio, Turdión e Cidade de Antioquía. Logo, terá lugar unha Romana Comedia, a cargo de Trip Malabar. Ao terminar estas actividades, será a ocasión para a celebración duns Grandes Xogos Olímpicos, pasarrúas con Lirolaio, loitas do Coliseum, Vodas Romanas e Gladiadores do Circo. Xa pola noite, terá lugar a Harmonía no aire, concerto de Grimorium e concerto de Astarot, para rematar o sábado de Esquecemento.

O domingo, último día desta inesquecible festa, volverase abrir o mercado e a zona infantil con Turdión. Tamén volverá a Romana Comedia, Harmonía no aire, pasarrúas con Lirolaio, Circo Romano e pasarrúas con Turdión. Despois destas actividades, terán lugar as marchas romanas con Achicoria, cruce do río Lethes e gran loita final. A maiores, terán a súa aparición os Gladiadores do Circo, Desfile da Victoria e Harmonía no aire. Tamén haberá unha homenaxe a Merce Barba e pasarrúas con Lirolaio. Para finalizar a XXIV Festa do Esquecemento, haberá un apagado do lume sagrado, a entrega de premios a participantes e o concerto de despedida con Grimorium.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00