Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad

O SonRías Baixas de Bueu abre a oferta musical de agosto

O cartel está conformado por 25 bandas e artistas, que encabezan Tanxugueiras, La Oreja de Van Gogh, Rayden, Álvaro de Luna e Rozalén. A música galega estará representada por Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela, Grande Amore e The Rapants

Bueu acolle desde o xoves 1 ata o sábado 3 de agosto a 21ª edición do SonRías Baixas. Esta 21ª edición arranca o xoves 1 cos concertos de La Oreja de Van Gogh, Álvaro de Luna e La La Love You no escenario FEST Galicia, ademais de Morochos, Sabela, Sexy Zebras e Anabel Lee.

O venres 2 é a quenda de Travis Birds, Rozalén, Chef´s Special, Cool Nenas, Gilipojazz, Fillas de Cassandra, Muerdo e La Élite.

Na última xornada, a do sábado 3, forman parte do cartel Ginebras, Tanxugueiras, Rayden, Inés Hernand, Grande Amore, Marlena, Mondra, Mr. Kilombo, Emlan e The Rapants.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca o festival SonRías Baixas de Bueu, enmarcado na marca Rias Baixas Fest que impulsa o organismo provincial, como unha das máis importantes referencias turísticas do verán na comarca do Morrazo e no conxunto da provincia. Un evento que mestura en tres xornadas actuacións musicais de interese xeral, a gastronomía local e un espazo natural de alto valor. “Quen proba Pontevedra repite. Na provincia hai elementos que contribúen a que haxa un incremento continuo de visitantes, pero os festivais xogan un papel clave. O SonRías é un dos grandes embaixadores turísticos que temos na provincia”, afirmou o mandatario provincial.

“O SonRías é moito máis que tres días de concertos. Este festival supón unha importante fonte de riqueza, xera emprego en toda a comarca, ten un relevante retorno económico e axuda a posicionar a nosa marca. Dentro dos festivais a nivel España, o SonRías está no top”, asegurou o presidente Luis López.

O verán avanza na provincia e con el van chegando os festivais agrupados na marca Rías Baixas Fest, que están sendo un éxito tanto de participación, como de organización. O primeiro en celebrarse foi o PortAmérica, en Portas; seguiuno o Atlantic Fest, en Vilagarcía; a pasada fin de semana foi a quenda do SinSal, na illa de San Simón; e agora chega o Son Rías, en Bueu; para rematar en setembro co Revenidas en Vilaxoán.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00