Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

SER Deportivos Ourense
Más deportes

Xulio del Prado a medio punto do título nacional

O xoven valor do Xadrez Ourense debutaba na categoría xuvenil

Xulio del Prado a medio punto do título nacional xuvenil / Xadrez Ourense

Entre os días 29 de xullo e 3 de agosto disputouse a última das categorías en liza dentro dos Campionatos de España por idades que tiveron lugar desde finais de xuño, e durante todo o mes de xullo, localidade granadina de Salobreña. O que fora Campión de España Sub 16 (cadete) fai agora un ano, o xoven valor de Club Xadrez Ourense, Xulio del Prado, debutaba na categoría xuvenil con forza rematando a tan só medio punto do título logrado por o andaluz, Víctor Gracía (7,5 puntos). Xulio con 7 puntos, rematou 5º na clasificación xeral empatado ao 3º posto. A súa compañeira do club, Alba Pérez Salgado, rematou decimoitava femenina no posto 147º da clasificación xeral mentras que o representante do Club Xadrea Benchoshey , Benjamín Diéguez foi 168º entre os 194 participantes.

Participaron no Campionato de España máis de unha trintena de deportistas da nosa provincia, destacando as 17 participacións do Club Xadrez Ourense.

A próxima cita a nivel nacional, un dos pratos fortes da tempada, a Liga Nacional da Primera División de Clubs que dará o cemenzo o próximo día 18 de agosto, con boa participación ourensana.