Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Academia Galega do Audiovisual presenta a Semana do Cinema Galego que se celebrará do 14 ao 19 de marzo

9 películas serán proxectadas gratuitamente no Teatro Colón

Álvaro Pérez Becerra, semana do Cinema Galego

Álvaro Pérez Becerra, semana do Cinema Galego

00:00:0000:00
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A Coruña albergará desde o 14 de marzo e ata o día 19 a IV Semana do Cinema Galego, na que se proxectarán, no Teatro Colón, as longametraxes de animación, documental e de ficción finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo, cuxa gala terá lugar o 11 de marzo en Ourense.

O programa inclúe nove producións que suman 40 nomeamentos aos galardóns, entre elas, a película de animación 'Valentina', gañadora dun Goya en 2022, a ficción 'Código Emperador' e o documental 'Onde máis doe'. As sesións contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas.

Na presentación, o presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Álvaro Pérez Becerra, explicou que esta edición coincide cun momento "de éxito e importante" para o sector, no que "unha chea de producións galegas están a circular por grandes festivais a nivel internacional".

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o vicepresidente da Deputación provincial, Xosé Regueira, reivindicaron o papel do sector audiovisual como "motor económico".

Regueira recalcou que o sector audiovisual "ademais de cultura tamén é economía". "Emprega a máis de 4.000 persoas e aglutina máis de 700 empresas no territorio galego, a maioría na provincia da Coruña", puntualizou, tras lembrar que supón o "25% do PIB cultural".

A rexedora destacou que as administracións públicas teñen "a obrigación de cooperar, colaborar e visualizar a un dos sectores máis puxantes" como é o audiovisual.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir