A Coruña homenaxea a Uruguai no día da súa Festa Nacional
O busto de José Gervasio Artigas trasládase á rúa Uruguai
A Coruña
O Concello da Coruña trasladou o busto do xeneral José Gervasio Artigas á rúa Uruguai. Fixérono no día da Festa Nacional do país, no que celebran a independencia lograda en 1825, con Artigas como máximo prófer.
Ao acto, con ofrenda floral acudiu boa parte da corporación municipal, a tripulación do buque escola uruguaio Capitán Miranda, atracado na Coruña como parte da Tall Ships Race, e a embaixadora do país en España, Teresa Ayala, que quixo facer referencia aos vínculos que unen a Uruguai e á Coruña.
Un acto emotivo que finalizaba cos himnos de Uruguai, Galicia e España, ao que se quixeron achegar membros da comunidade uruguaia coruñesa, visiblemente emocionados mentres cantaban o himno do seu país.
Unhas horas máis tarde, a Vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia e Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recibiu á embaixada uruguaia a bordo do veleiro Capitán Miranda.