A gala final do certame 'Quero cantar' celébrase este domingo no Teatro Colón da Coruña
A cita é ás 17,30 horas e as entradas, gratuítas, xa se poden retirar na páxina web do teatro

Tono Formoso, coordinador do 'Quero Cantar'
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Este domingo día 23 celébrase no Teatro Colón da Coruña a gala final de 'Quero Cantar', na que as seis formacións finalistas --tres na categoría infantil e outras tantas na xuvenil-- interpretarán en directo os temas cos que optan ao premio da sexta edición deste certame musical da Deputación da Coruña.
Segundo informa o organismo provincial nun comunicado, o xurado estará formado por nenos e mozos das mesmas idades que os concursantes que proveñen dos municipios de Ames, A Laracha, Cortegada e Santiago de Compostela. A cita é ás 17,30 horas e as entradas, gratuítas, xa se poden retirar na páxina web do teatro.
A actriz Soledad Felloza será a presentadora do evento, no que actuarán como convidadas a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo, gañadoras da edición anterior do certame.
Os premiados nesta edición serán galardoados coa gravación dunha maqueta en estudo profesional e dun videoclip coa canción gañadora, ademais de material musical e produtos culturais en galego por valor de entre 500 e 1.500 euros.
Hoy por Hoy en las Rías
Escuchar
08:05
Escuchar
13:03
Escuchar
10:03
Escuchar
14:01
Escuchar
09:41
Escuchar
14:01
Escuchar
09:54
Escuchar
13:28
Escuchar
09:40
Escuchar
13:30
Escuchar
13:24
Escuchar
10:18
Escuchar
14:24
Escuchar
09:58
Escuchar
13:42




