A Praza do Humor rende homenaxe a Pedro Brandariz no aniversario do seu falecemento
Estrea 13 novas viñetas de persoas vinculadas á cultura e ao humor

A Coruña
A Praza do Humor estreaba esta mañá nova imaxe. Trece novas viñetas locen no chan da céntrica praza. Entre elas está o humorista, e querido colaborador desta casa, Pedro Brandariz. Hoxe celebrouse unha homenaxe á súa figura en coincidencia co primeiro aniversario do seu falecemento. Ao acto acudiron decenas de persoas: familia, amigos, a alcaldesa Inés Rey e membros dos distintos grupos municipais, que se reuniron para lembrarlle e renderlle homenaxe. Siro López, o autor do deseño da praza tamén o lembrou no seu discurso.
Coas novas incorporacións a praza está repleta de figuras relevantes para a cultura e o humor como Castelao, Asterix e Obelix, Mafalda, Cervantes ou Shakespeare.





