Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Alexandre Bóveda presenta un proxecto para que A Coruña sexa Cidade literaria do mundo

Colabora Manuel Rivas para quen A Coruña garda unha vangarda creativa incesante

Isabel Bravo

A Coruña

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentou o proxecto "A Coruña literaria". É unha iniciativa con distintas actividades para convertela nunha "Cidade literatura do mundo", un recoñecemento que outorga a Unesco e que en España só teñen Granada e Barcelona. Conta coa colaboración, entre outros escritores, de Manuel Rivas.

O traballo consistirá en "poñer un foco no que A Coruña fixo ao redor do libro e a lectura". A través de roteiros -o primeiro será o día 11-, páxina web e distintas actividades, a entidade cultural quere contar a historia de nomes pioneiros que tiveron relación coa Coruña: Rosalía, Murguía, Pardo Bazán ou Antón Vilar Ponte,entre outros. Na presentación do proxecto, Manuel Rivas afirmou que "A Coruña ten unha vangarda creativa incesante".

A Agrupación Alexandre Bóveda define "A Coruña literaria" como unha rede de persoas traballando en distintas disciplinas da literatura. Os seus responsables elaboraron un mapa coas bibliotecas, centros de ensino ou espazos públicos e rúas con nomes de escritores. O deseño do logo é obra de Pepe Barro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir