Kibus, a empresa coruñesa que leva o mercado a casa
En catro anos expandiuse a 22 prazas españolas

Silvia Penelas Cuiña

A Coruña
O delegado do Goberno visitou esta mañá a empresa Kibus no mercado de Lugo. O emprendemento permite aos clientes dos mercados de abastos realizar a súa compra en liña e recibila en casa. A plataforma da servizo ás 7 cidades galegas e outras comunidades como Madrid ou Andalucía. O proxecto recibiu axudas do Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno Central.
O plan de Recuperación favoreceu a máis de 5.500 empresas galegas, segundo datos da delegación do Goberno. Nos últimos anos a Comunidade Autónoma ha recibido 32 millóns de euros destinados a 238 proxectos de emprendemento e pemes.
A empresa coruñesa naceu en 2019 e xa opera fóra de Galicia. En total ten 23.000 usuarios e colabora con 250 placeiros de diferentes mercados. A través de Kibus cada posto pode mostrar os seus prezos e ofertas. Desta forma os pequenos negocios da praza poden optar tamén a un servizo de repartición a domicilio.




