Marcos Méndez, galardoado co Premio José Couso de Liberdade de Prensa pola cobertura da guerra de Ucraína
Reflexionou sobre a liberdade de prensa nunha entrevista en Neste momento as Rías
Marcos Méndez, periodista ganador del Premio José Couso
10:08
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1681983013677/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
O xornalista Marcos Méndez, fincado na Coruña como profesor da Escola Pablo Picasso, foi galardoado co Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O Colexio de Xornalistas de Galicia premioulle pola súa cobertura da Guerra de Ucraína. Hoxe estivo en entrevista en Neste momento as Rías.
É o único xornalista que usou o galego para dar cobertura a este conflito bélico. Un traballo dificultado pola situación da liberdade de prensa en países como Ucraína ou Rusia. Desde o Colexio de Xornalistas aplaudiu esta cuestión. Lembran que o labor como comunicadore en territorios en conflito como é o caso tamén de Irán ou Afganistán supón un "panorama mundial díficil para os xornalistas".
O lucense traballou con medios locais e nacionais. Informou sobre feitos históricos nos cinco continentes como as Olimpíadas de Sydney, a declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade ou a erupción do volcán de Cume Vello na Palma. O seu labor como correspondente en Ucraína comezou o 25 de febreiro do 2022, tan só un día despois do estalido da guerra.
¿Cómo se cuenta una guerra? | En la Redacción (12/04/2022)
43:31
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1649758218687/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Nun comunicado, os convocantes do premio explican que a candidatura de Marcos Méndez resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.
A organización do premio destacou que as tres candidaturas eran merecedoras do galardón e recoñecemento polo seu labor xornalístico e aproveitou para lembrar que a situación en países como Ucraína, Irán ou Afganistán supoñen "un panorama mundial difícil para os xornalistas, pero aínda peor para as xornalistas". Ademais, insistiu no chamamento ás autoridades para que poñan todos os medios para defender a liberdade de prensa e o dereito para informar.
Do mesmo xeito, reclamou, unha vez máis, que se aclaren os asasinatos de José Couso e Taras Protsyuk e que se respecten os dereitos e aclárese a situación xudicial de Pablo González, nomeado ao Premio Couso en 2022, que se atopa desde febreiro dese ano nun cárcere polaco. A entrega do premio realizarase a principios de maio, e a organización anunciará proximamente polas canles habituais o programa.
Marcos Méndez Moreira naceu en Lugo en 1976 e é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, ademais de ter o #máster en Produción Audiovisual pola Universidade Compluntense e o #máster en Industrias Creativas na Universidade de Santiago de Compostela. Realiza o seu doutoramento cun traballo audiovisual sobre o tratamento de TVE do VIH durante os 30 primeiros anos da pandemia.
En 1996 incorpórase aos medios de comunicación, exercendo como xornalista en Localia Telelugo, Atlas Galícia (Tele5), Antena3 e TVE. Desde 2010 traballa como xornalista freelance en medios como a Televisión de Galicia, a Radio Galega, laSexta, Tele5, Catro, Alianza Informativa Latinoamericana e Tv Caracol.
O seu labor xornalístico levouno aos cinco continentes, desde onde informou de acontecementos como as Olimpíadas de Sydney, a declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade ou a erupción do volcán Cume Vella da Palma. Desde o 25 de febreiro de 2022 é correspondente na guerra de Ucraína. As súas informacións apareceron en distintos medios.
Ademais, os seus artigos para 'O Progreso', recollidos co título 'Sobre ou Terreo', valéronlle o premio da Asociación de Medios de Información no ano 2022, no que tamén foi recoñecido nos premios Lucenses do Ano.