Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Unha recreación de Ana Kiro por IA proposta galega para a final do "AI Song Contest 2023"

Dez propostas participarán na Coruña o 4 de novembro na final

A Coruña

Dez propostas participarán na Coruña o 4 de novembro na final do "AI Song Contest 2023", un programa de televisión en directo "ao máis puro estilo Eurovisión", segundo din os organizadores, no que estarán representados os camiños máis creativos da Intelixencia Artificial.

Entre a decena de cancións elixidas estará a proposta galega, que revive a Ana Kiro a través do tema "Florespiña". Unha homenaxe tamén á flor de toxo, considerada unha flor de Galicia, a primeira que nace en terreos queimados que representa a capacidade de rexurdir #ante as adversidades de Ana Kiro e de Galicia. Os creadores da canción e o vídeo, con recreación da imaxe da artista, pretenden "recuperar o legado" da intérprete e "inmortalizar a súa voz coa axuda da Intelixencia Articial".

O día 15 daranse a coñecer as finalistas e abrirase a votación ao público internacional a través da páxina web oficial do festival, que poderán elixir a súa canción elixida ata o 30 de outubro. O festival presentouse esta mañá na sede central de Abanca.

Presentáronse en total máis dun centenar de candidaturas de máis de 20 países, entre as que o xurado realizou unha preselección de 35. O día 15 coñeceranse as nove cancións finalistas ás que se sumará a proposta galega, xa clasificada.

A "Gran Gala" celebrarase o 4 de novembro en Studio Follow, no polígono de Agrela. Ese mesmo día, con anterioridade, terá lugar tamén o "AI & Creation Day" na Cidade das TIC, unha conferencia que incluirá charlas maxistrais e mesas redondas.

Así o manifestou o produtor executivo desta edición, responsable da delegación galega no festival e coordinador do Equipo PAMP!, Joel Cava, na presentación deste evento, celebrada este venres na sede de Afundación na Coruña.

Respecto a a elección da peza representante de Galicia, PAMP! ft Ana Kiro e 'Florespiña', Cava recalcou que ten como obxectivo "recuperar o legado" da artista e "inmortalizar a súa voz coa axuda da Intelixencia Articial".

Programación

A 'Gran Gala' celebrarase o 4 de novembro en Studio Follow, no polígono de Agrela, sinalou o produtor executivo, onde se presentarán os dez finalistas e combinará actuacións en directo, conexións remoto cos equipos de participantes e o anuncio do vencedor "ao máis puro estilo Eurovisión".

Ese mesmo día, con anterioridade, terá lugar tamén o 'AI & Creation Day' na Cidade das TIC, unha conferencia que incluirá charlas maxistrais e mesas redondas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir