Jacobo Senín suma un novo triunfo na subida a Taboadela
Senín aos mandos da Nova Proto, foi o vencedor da Subida a Taboadela
Sexta e penúltima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña. Baixo unha forte calor que xa acompañou aos equipos participantes e ao abondoso público que se achegou ata a rampa galega, o piloto da Escudería Estradense foi o mellor nas catro mangas cronometradas, o que lle permitiu marcar un crono final de 2:48. 563.
No segundo chanzo do podio, a 17.3 segundos de Senín situose Alexis Vieitez, novamente no Fórmula Celtic Dicode, mentres que terceira praza foi para Jorge Pérez Alonso, vencedorr ademáis entre os carrozados.
Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral, Javier Carballo e Francisco Javier Casqueiro, no Porsche 991 GT3 e no Volkswagen Golf TCR (2º e 3º dos carrozados, respectivamente).
Entre os inscritos de regularidade, triunfo en Taboadela para Iván e José Antonio López con 9.750 puntos, seguidos de Breogán Abalde e Cristian Castro e de Diego Jesús Rodríguez e José Luis Ucha.
A derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña terá lugar en Ponte Caldelas os días 6,7, 8 de setembro.