Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Festival da Luz volve iluminar Boimorto durante este fin de semana

Merelles reivindica o Festival da Luz como evento “dinamizador” do rural galego

A CORUÑA (GALICIA), 22/08/2024.- a cantante Luz Casal participa en una rueda de prensa en el marco del Festival de la Luz este jueves, en A Coruña (Galicia). EFE/ Xurxo Martínez / XURXO MARTÍNEZ (EFE)

A CORUÑA (GALICIA), 22/08/2024.- a cantante Luz Casal participa en una rueda de prensa en el marco del Festival de la Luz este jueves, en A Coruña (Galicia). EFE/ Xurxo Martínez

A Coruña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reivindicou o Festival da Luz, que se celebra desde hoxe e ata o domingo no municipio coruñés de Boimorto, como unha iniciativa musical que “contribúe a dinamizar turisticamente o rural galego” e como un evento con forte compoñente solidario, ao destinar fondos para apoiar a acción de diferentes ONG.

Merelles participou este xoves na presentación da nova edición do festival, impulsado pola cantante Luz Casal en 2012, que combina actuacións musicais de artistas consagrados e emerxentes.

Durante o acto, o director de Turismo destacou que a Xunta de Galicia apoia este evento dentro da súa estratexia para dinamizar o turismo no rural, que experimentou un crecemento do 6 % no número de viaxeiros durante o primeiro semestre deste ano.

Na presentación participaron tamén a propia Luz Casal, representantes doutras entidades colaboradoras e patrocinadoras, e a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo.

Merelles subliñou que Galicia é un destino cun amplo abano de “propostas turísticas e alternativas para todo tipo de visitantes” e cualificou o Festival da Luz como un evento musical singular polo seu carácter solidario.

De feito, o festival leva recadado ao longo das súas 12 edicións máis dun millón de euros, que foron destinados a distintas asociacións que traballan en ámbitos como a loita contra o cancro, a sensibilización sobre o alzhéimer, os bancos de alimentos ou o apoio a persoas con enfermidades raras e as súas familias.

Nesta edición, o festival contará con catro escenarios e máis de vinte propostas de restauración e artesanía local, así como actividades para promover prácticas sostibles e unha ampla zona infantil.

Máis de 40 músicos e artistas participarán este ano, entre eles a propia Luz Casal (sábado 24), La Orquesta Mondragón, Mago de Oz, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, El Kanka, Ortiga, Satélite Salitre, Sara Socas, Familia Caamagno ou Fillas de Cassandra, entre outros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir