A Coruña reivindícase como cidade picassiana coa mostra 'Picasso branco no recordo azul'
O ministro de Cultura, Miguel Iceta, destaca A Coruña como o lugar onde se produciu a eclosión do xenial pintor
Reportaje sobre la exposición de Picasso en A Coruña (24/03/2023)
06:21
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1679650959701/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
Coa interpretación de Xabier Díaz do Alalá do Cebreiro, unha das cancións que lle cantaba Picasso á súa filla Maya de pequena no París ocupado polos nazis, finalizou o acto de inauguración da exposición "Picasso Branco no Recordo Azul", no Museo de Belas Artes da Coruña. Unha mostra de máis dun centenar de pezas, das que 68 son autoría do pintor, que reivindica a pegada coruñesa no Picasso adulto.
Pablo Ruíz Picasso viviu na Coruña desde os 9 aos 13 anos. O evento foi presidido polo Ministro de Cultura, Miguel Iceta, para quen A Coruña foi o lugar onde se produciu a "eclosión do gran pintor". As raíces coruñesas de Pablo Ruíz Picasso, manifestou, son as máis descoñecidas pero tamén unas das máis importantes.
A exposición da Coruña é unha das 15 organizadas en España e unha das máis de 40 a nivel internacional neste ano Picasso. Desde este venres e ata o 25 de xuño pódese visitar gratis.
Na presentación da mostra, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia de que A Coruña forme parte do mundo picassiano en España, xunto a Barcelona e Málaga. "Reivindiquemos con moitísimo orgullo ese triángulo", dixo, para entender a un dos artistas máis xeniais do S.XX e de toda a historia da arte.
En opinión da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o interese polas causas populares do Picasso adulto é posible que teña "un transfondo coruñés". Picasso é, ao seu xuízo, o gran acontecemento cultural da cidade en 2023, polo que o Concello completará a mostra cun abanico de actividades que terán como eixo principal ao artista malagueño no próximos tres meses.
Entre as obras expostas hai pequenas tablitas de pinturas do Monte de Santa Margarita ou o mar do Orzán, retratos do seu pai e irmás Lola e Conchi -esta morreu aquí aos 7 anos e está enterrada en San Amaro-, cadros como "Muller sentada con chapeu" ,"Estudo para a cabeza de cabalo" - como o que pintará logo no Guernica- ou "Natureza morta con instrumentos musicais sobre unha mesa" onde aparece a gaita.
Entrevista a Rubén Ventureira (23/03/2023)
08:55
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1679586296163/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>