Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Chega a terceira tempada de "Rapa", rodada entre Ferrolterra e as Mariñas coruñesas

Estrearase o vindeiro 12 de setembro a terceira e última tempada deste drama rural, con Javier Cámara e Mónica López á fronte do reparto

MADRID, 26/08/2024.- Fotograma de la serie 'Rapa', creada por Fran Araújo y Pep Coira para Movistar Plus+, que estrena el próximo 12 de septiembre la tercera temporada, y última de este drama rural, con Javier Cámara y Mónica López al frente del reparto. EFE/ Jaime Olmedo/movistar + SOLO USO EDITORIAL/SOLO DISPONIBLE PARA ILUSTRAR LA NOTICIA QUE ACOMPAÑA (CRÉDITO OBLIGATORIO) / Jaime Olmedo/Movistar + (EFE)

MADRID, 26/08/2024.- Fotograma de la serie 'Rapa', creada por Fran Araújo y Pep Coira para Movistar Plus+, que estrena el próximo 12 de septiembre la tercera temporada, y última de este drama rural, con Javier Cámara y Mónica López al frente del reparto. EFE/ Jaime Olmedo/movistar + SOLO USO EDITORIAL/SOLO DISPONIBLE PARA ILUSTRAR LA NOTICIA QUE ACOMPAÑA (CRÉDITO OBLIGATORIO)

A Coruña

A serie Rapa, creada por Fran Araújo e Pepe Coira para Movistar Plus+, estrea a súa terceira e última tempada o vindeiro 12 de setembro, con Javier Cámara e Mónica López á fronte do reparto. Producida en colaboración con Portocabo, a tempada comezará cun dobre episodio e continuará cun capítulo semanal ata completar os últimos seis episodios.

A nova entrega será presentada no FesTVal de Vitoria, onde Rapa recibirá o premio á mellor serie.

Como nas tempadas anteriores, a rodaxe tivo lugar en diversas localizacións de Galicia, entre elas: Ferrol, Narón, Valdoviño, Xove, Pontedeume, Miño, Sada, As Somozas, Cedeira, Bergondo, Abegondo, Fene, As Pontes e San Sadurniño.

Nesta última tempada incorpóranse ao elenco novos nomes como Cristina Castaño, Mercedes Sampietro, Sheyla Fariña, Xosé Manuel Esperante, a cantante Eva Barreiro (Eva B), Miguel de Lira, Diego Anido e Aida Oset, entre outros.

A dirección volve estar a cargo de Jorge Coira, responsable da primeira tempada, e inclúe tamén un episodio dirixido polo propio Javier Cámara.

Sinopse da tempada final

Xa desde o primeiro episodio, compróbase que a enfermidade de Tomás avanza, e aínda que Maite quere acompañalo nesta etapa difícil, vese envolta nun caso de secuestro que afecta a unha coñecida e complicada familia da zona.

Pola súa parte, Tomás terá que redefinir as súas prioridades ao saber que un antigo amigo é acusado de asasinato. Convencido da súa inocencia, adéntrase no mundo do estaleiro de Ferrol para tratar de demostrar a verdade, posiblemente na que será a súa última investigación.

As dúas tempadas anteriores están dispoñibles en Movistar Plus+, con seis episodios cada unha. Xunto a Cámara e López, regresan tamén Darío Loureiro (Tacho) e Adrián Ríos (Bolaño).

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir