Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Andainas

A Guarda abre o prazo de inscrición para as andainas pola provincia de Pontevedra

Toda a información e inscricións pode facerse a través da Casa dos Alonso ou no email turismo@aguarda.es

Andainas do concello da Guarda

Andainas do concello da Guarda

Durante a primavera tiveron lugar as dúas primeiras andainas pola provincia de Pontevedra organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos da Guarda.

Despois do descanso do verán retómase coa saída do sábado 28 setembro polo interior cunha nova ruta do río Xabriña en Mondariz e pecharase o 19 outubro co Camiño de Taverneiro en Pazos de Borbén.

Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo. A distancia destas rutas rondan entre os 10 e 15 km polo que as persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar andainas duns 15 km e con certa dificultade polo desnivel.

O luns 2 de setembro abre o prazo de inscrición para completar as prazas aínda dispoñibles para estas dúas andainas de outono. O prezo público de cada andaina é de 17€ por persoa.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso ou a través do mail turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizará a inscrición presencial.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00