Vídeo

HOY POR HOY Especial desde Barcelona por el Congreso Internacional de la Radio

SER Deportivos Ourense
Más deportes

Pereiro e Ourense acollerán a primeira Copa Deputación de Pump Track

Os días 31 de agosto e 7 de Setembro Ourense acollerá esta modalidade deportiva...

Pereiro e Ourense acollerán a primeira Copa Deputación de Pump Track / Sanyer Bike

Os municipios de O Pereiro de Aguiar e Ourense acollerán a primeira edición da Copa Deputación de Pump Track é una disciplina que vén do BTT cunha bicicleta de BMX que se realizará nun circuíto pechado, trátase dunha madalidade deportiva que está moi en tendencia e que se considera deporte urbano, explicou Antonio Piñeiro.

A Copa Deputación disputarse en dúas xornadas: a primeira delas o 31 de agosto no Complexo Deportivo de Monterrei, e a segunda terá lugar o 7 de setembro no circuíto de pumptrack no Parque Das Letras. En ambos casos, os adestramentos comezarán ás 12:00 horas e a primeira manga comezará ás 14:00 horas.

A organización estima unha participación de máis de 100 deportistas federados de toda Galicia cunha representación ourensá de ao rededor de 25 corredores e competirán todas as categorías do ciclismo desde Promesas a Máster.