Ana Pontón:"Pediremos unha comisión de investigación polo sobrecusto do Cunqueiro"
A líder do BNG pide o Gobierno Central que active as bonificacións do 70% na AP-9 e o sistema de cercanías
Vigo
Abrimos curso político no Hoy por Hoy Vigo coa líder do BNG, Ana Pontón. A portavoz nacional do BNG pasou polos estudos de Radio Vigo para falar da volta ao cole en educación, sanidade, infraestruturas e, como non, do curso político galego. A líder do BNG considerou como un dos grandes escándalos do verán o sobrecusto de máis de 450 millóns de euros na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro. Pontón deixou claro que ese será un dos primeiros temas que levarán á primeira sesión no Parlamento, e xa avanzou que van rexistrar a petición dunha comisión de investigación polo tema do Cunqueiro.
Ana Pontón pide explicación al PP por el sobrecoste del Álvaro Cunqueiro
02:46
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1725539781963/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Ana Pontón foi crítica co PP por dicir agora no Congreso, cando están na oposición, que a transferencia da AP-9 será un dos seus principais asuntos. Tamén criticou a postura do PSOE por non aproveitar a porta aberta que dá Bruxelas e manifestarse en contra do rescate da concesión. A líder da oposición recoñeceu que seguen os contactos co Goberno Central para que, canto antes, se actíven a suba das bonificacións ata o 70% para os usuarios da autoestrada galega. Un compromiso asinado no pacto de apoio ao Goberno actual de Pedro Sánchez que, dende Transportes, agarda poder activala nuns meses.
Ana Pontón explica en Hoy por Hoy Vigo la presión para activar la bonificación al 70% en la AP-9
01:09
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1725539681051/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Pola súa banda, a líder nacionalista valorou moi positivamente que se estea traballando para que Galicia teña un sistema de cercanías e confía en que se avancen nos traballos para que se convirta en realidade, como se asinou, antes de que acabe esta lexislatura. Urxe á Xunta e Goberno Central a que sigan traballando e facendo os deberes para axilizar a conexión en alta velocidade Lisboa-Porto-Vigo. Á Xunta critícalle que faga “seguidismo” do que di Ayuso e que non se atrevan a defender con firmeza a prioridade da conexión entre Lisboa e Galicia como si defende Portugal.
Ana Pontón sigue priorizando las cercanías para Galicia y el AVE Vigo-Porto
02:01
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1725539838975/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>