O festival Arteficial cancela os concertos do sábado
Manténse certas actividades a cuberto
Ribadavia
Dende a organización do Arteficial, tendo en conta as previsións de chuvia para a fin de semana deciden suspender os concertos ao aire libre. Por elo publica o seguinte comunicado:
"Despois de 18 anos loitando contra vento e marea, superando todo tipo de inclemencias e incluso resistindo unha pandemía, este ano, as previsións meteorolóxicas, independentemente do que aconteza o sábado, impedirán, moi probablemente, a montaxe do venres e causarán danos irreparables para proveedores do evento, artistas e para nós mesmas como colectivo, xa que estamos sufrindo moito coa decisión que non quereriamos comunicar, pero que non nos queda máis remedio que acatar. Desta forma informamos que o sábado 7 de setembro manteremos as actividades de baile e de Madejas Tejerlo, serán na Igrexa da Madalena, e o desfile, co percorrido anunciado no programa, así como o venres 6 de Setembro manteremos a inauguración do Museo e a picada de cassettes, tamén na Madalena, pero cancelamos, todos os concertos que tiñamos plantexados para a contorna da Madalena, Buxán e Oliveira. Non imaxinamos Arteficial noutro espazo porque ningún outro lugar ten o simbolismo do Conxunto Histórico de Ribadavia e desde ningún outro lado se ve o río Avia eliminando as fronteiras ata abrazar o miño e ao noso país veciño Portugal".