Sociedad

Pilar García Porto: "O PP minte co centro de refuxiados de Castro e esixen coas estradas o que eles non cumplen"

A voceira do grupo socialista na Deputación de Lugo é a protagonista da entrevista de fin de semana

Pilar García Porto: "O PP minte co centro de refuxiados de Castro e esixen coas estradas, pero eles non cumplen"

Pilar García Porto: "O PP minte co centro de refuxiados de Castro e esixen coas estradas, pero eles non cumplen"

10:52

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1725625876001/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O rifirrafe entre institucións sobre a pérda do centro de refuxiados de Castro de Rei segue a ser un cruce de acusacións entre goberno e oposición. A voceira socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, asegura que "o goberno provincial era o principal interesado en que isto saíse por varios motivos: pola veciñanza e pola recuperación dun edificio histórico e por convicción", e lamenta que "o alcalde, Francisco Balado dixese que non".

O PP provincial di que dende o executivo local se lle puxo unha "alfombra vermella" a esta iniciativa, pero os socialistas négano "con datos, datas e documentación". "En abril deste ano entregouse o proxecto de segregación para que se puidese declarar a innecesariedade da parcela, como se establece la lexislación. Seis meses despois o concello denega ese proxecto", argumenta.

"Francisco Balado é o único responsable de que os veciños e as veciñas perdan esta oportunidade. Antepuxo os seus intereses ou ideales políticos nunha cuestión de maior calado. Na miña opinión esto non o pode facer un político que representa á cidadanía", sentencia a socialista.

Polo de agora, o Ministerio desiste na realización deste centro de refuxiados no concello lucense, un proxecto para o que se destinarían 17 millóns de euros.

Estradas

No seu paso polos informativos da fin de semana de Radio Lugo Cadena SER, a voceira asegurou que os traballos de desbroces nas estradas de titularidade provincial "están prácticamente rematados". Os populares acusaron ao goberno de "deixadez" e Porto aclara que "se non se fixo antes foi por problemas de concurrencia aos concursos que se sacaron a licitación, que nalgún caso houbo que repetilos".

Para a socialista o PP "esquece comentar que mentres nos esixe comezar a desbrozar en marzo, abril ou xuño eles o fixeron o dous deste mes de setembro, precisamente nas estradas da zona de A Mariña, onde tanto nos insisten a nós".

Pilar Garcia Porto recoñece "que ás veces non chegamos e o recoñecemos e ou solucionamos. O que non facemos é mentir para sacar rédito político". Lamenta as extensión das estradas das que se teñen que responsabilizar "algunhas deberan ser municipais ou autonómicas", pero non evade responsabilidades "pero é o que é, son da Deputación e temos que cumprir".

Coñece a túa provincia

Este mes de setembro comezou unha nova edición do programa 'Coñece a túa provincia'. Un formato que naceu tras a pandemia para "animar á veciñanza a saír das casas, axudar aos hostaleiros e tamén ao comercio". Viaxes organizados pola Deputación para que os lucenses visiten concellos que ainda que esté ao lado son descoñecidos.

Garcia Porto amósase moi leda de que este proxecto se prologase no tempo, que se lle dea continuidade para que a xente coñeza "a riqueza cultural, artísitca, patrimonial e gastonómica que temo en Lugo".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00