O Ribeiro convértese en plató de cine
Haberá rutas guiadas para coñecer escenarios de películas
O Ribeiro
Moitos directores fixeron das paisaxes naturais e dos entornos urbanos de Galicia un escenario para rodar grandes películas e recoñecidas series. Unha das actividades máis destacadas do Festival de Cine de Ourense (OUFF) é "Ourense de cine", na que o público poderá apreciar a través de varias rutas a diversidade e a beleza que fan da provincia un dos lugares de referencia para o cinema. Dentro dos filmes rodados nestas zonas destacan: Los girasoles ciegos, Cuñados, curtametraxe de Fillas de Ribeiro, Viñedos, A Esmorga, Cotolay, El desorden que dejas, Olvido y León,e Las brujas de E´lente.
O venres día 4 de outubro haberá visitas guiadas , con xantar incluído, que percorrerán diferentes lugares de a comarca do Riberio: Ribadavia, Melón, o Museo do Viño, San Clodio e tamén Leiro.
É unha actividade de balde, eso sí con prazas limitadas. Para consultas e inscricións hai un correo habilitado excursionouff29@gmail.com ou un número de teléfono 690 813 726.