Sociedad

A vendima avanza a bo ritmo con 8 millóns de quilos de uva recollidos ata o momento

O director de AGACAL visita a D.O Ribeiro

Visita de esta mañá a D.O do Ribeiro. / red

Visita de esta mañá a D.O do Ribeiro.

O Ribeiro

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, acompañado pola presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concha Iglesias, visitou hoxe as adegas Casal de Armán, Cuñas Davia e Viña Costeira, adscritas á D.O. Ribeiro, onde puideron comprobar os avances da vendima. A día de hoxe, na D.O. Ribeiro xa se vendimaron algo máis de oito millóns de quilos.

Previamente ao percorrido polas adegas, o director da Axencia mantivo unha reunión na sede do C.R.D.O. Ribeiro con Concha Iglesias, Carlos Basalo e Luis Vázquez, presidenta, vicepresidente e xerente-secretario do organismo respectivamente, para afondar no desenvolvemento da actual vendima así como tratar diversos asuntos xerais.

Neste contexto de vendima, a Consellería do Medio Rural destaca que se están a desenvolver con normalidade nas diferentes denominacións de orixe e, de acordo cos organismos xestores das denominacións de orixe, a colleita tamén estará marcada pola boa calidade que presentan as uvas.

O tempo da vendima é importante para o control do cumprimento da normativa de cada denominación de orixe, xa que é preciso comprobar que as uvas vendimadas proceden de parcelas inscritas nos rexistros do consello regulador, que as cantidades recollidas por cada viticultor non superan o cupo que teñen asignado en consonancia coa superficie das súas parcelas, que as variedades entregadas son aptas para a elaboración dos viños certificados por estes organismos e que os volumes de mosto obtidos corresponden coa cantidade de uva procesada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00