Berro desesperado dos investigadores: "Rematan os contratos e non temos futuro"
Os membros do grupo María Zambrano da USC esixen solucións para reter o talento logo de rematen os dous anos do seu período de traballo
Brais Estévez: "Despois de dous anos quedamos sen traballo"

Santiago de Compostela
Os investigadores científicos do María Zambrano lanzan unha chamada desesperada. Logo de dous anos de traballo, os seus contratos rematan e non teñen xeito de continuar as investigacións nas que viñan participando.
Eles, uns 15 profesionais, abandonaron os seus postos no estranxeiro diante da chamada da USC hai dous anos. E é que o grupo María Zambrano impulsa unha iniciativa de retorno do talento científico dos e das galegas.
Aseguran que existe un problema nas institucións á hora de artellar estratexias para reter o talento. Brais Estévez, parte do colectivo, lamenta que non poidan seguir investigando e divulgando a academia no público. "Queremos insistir nese modo de facer ciencia", indica.
"El 31 de diciembre acaban nuestros contratos y nuestras investigaciones se quedan en el aire", denuncia Viviana Boutron, outra das científicas afectadas. Tódolos investigadores reprochan que o programa non se está cumprindo de xeito efectivo e esixen que se prorroguen os seus contratos con urxencia.